Novas

O CONCELLO FARÁ UNHA CAMPAÑA DE CAPTACIÓN DE VOLUNTARIOS PARA A AGRUPACIÓN LOCAL DE PROTECCIÓN CIVIL, QUE ESTÁ FORMADA ACTUALMENTE POR 11 PERSOAS

O Concello de Lourenzá fará unha campaña de captación de voluntarios para a agrupación local de Protección Civil, que está formada actualmente por 11 persoas. Esta iniciativa acordouse nunha reunión da alcaldesa, Emma Álvarez Chao, cunha representación da directiva da agrupación, xuntanza na que tamén se analizaron os fallos que houbo durante o operativo do Domingo de Piñata, polos que piden desculpas.

O CEIP JUAN REY ACOLLE UNHA EXPOSICIÓN E CHARLAS PARA CELEBRAR O DÍA DA MULLER E MAÑÁ, XOVES, HABERÁ UN OBRADOIRO SOBRE DESIGUALDADE DE XÉNERO NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DO CONCELLO

Para celebrar o Día da Muller o CEIP Juan Rey, de Lourenzá, acolle unha exposición, o pasado luns unha houbo unha charla para os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e mañá, xoves, terá lugar outra para os de Infantil, de 3, 4 e 5 anos, e tamén para os de 1º e 2º de Primaria. Ademais tamén mañá, pero neste caso no salón de actos da Casa do Concello ás cinco da tarde, desenvolverase un obradoiro sobre desigualdade de xénero.

CLAUDIA GRAÑA GANA O CORRE CON NÓS NA CATEGORÍA B FEMININA

A pesar de que a maioría da expedición de atletismo viaxou e participou con gran éxito nas probas benxamín e alevín da 1ª preparatoria de atletismo, tamén en Lugo Claudia Graña participaba e ganaba a 1ª posición da categoría infantil feminino do prestixioso CORRE CON NÓS. Claudia corría 1,5 kms. nun tempo de 5 minutos e 28 segundos; a ritmo de 3,54 o kilómetro. Noraboa!!!

 

O DEPARTAMENTO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS TRAMITA ATA O 26 DE ABRIL AS SOLICITUDES DE AXUDAS PARA FAMILIAS CON FILLOS MENORES DE TRES ANOS

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Lourenzá tramita ata o 26 de abril as solicitudes das axudas establecidas pola Xunta de Galicia para familias con fillos menores de tres anos.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, anunciou hoxe que “ata o vindeiro 26 de abril o Concello de Lourenzá a través dos Servizos Sociais, que están situados no Torreón dos Frades, tramitará as axudas para a prestación económica de pago único por fillo a cargo menor de 3 anos. Estas axudas foron publicadas na orde do pasado 11 de marzo”.