Novas

A ALCALDESA AGRADECE O TRABALLO DA FUNDACIÓN TIC NA ELABORACIÓN DUN VÍDEO DE PROMOCIÓN DA FESTA DA FABA, QUE FOI PRESENTADO HOXE, E SOLICITA Á DEPUTACIÓN PROVINCIAL AXUDA ECONÓMICA PARA A VINDEIRA EDICIÓN DO EVENTO

A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, agradece publicamente o traballo realizado pola Fundación TIC na elaboración dun vídeo de promoción da Festa da Faba, que foi presentado hoxe, e solicita á Deputación Provincial axuda económica para vindeira edición do evento, como reciben outras festas de interese turístico galego.

O RECINTO FEIRAL ACOLLERÁ A PRIMEIRA FESTA DEDICADA ÁS FABAS DE LOURENZÁ CON CALLOS O 17 DESTE MES, DÍA DE XOVES SANTO. ESTÁ ORGANIZADA POLA COMISIÓN DE FESTAS DE SANTA CRUZ E FOI PRESENTADA HOXE NA CASA DO CONCELLO

O recinto feiral de Vilanova acollerá a primeira festa gastronómica dedicada ás fabas de Lourenzá con callos o día 17 deste mes de abril, Xoves Santo, a partir das 21:30 horas. Este evento está organizado pola comisión de festas de Santa Cruz e foi presentado hoxe na Casa do Concello pola alcaldesa, Emma Álvarez Chao; o concelleiro de Deportes e Xuventude, Pablo Maseda; e José Cuadrado, como representante do colectivo organizador.

MARTÍN PARDIÑAS, O NOVO REI DOS MONTES DE VIVEIRO (CAMOVI 2014)

 Martín Pardiñas, da sección de Atletismo das Escolas Deportivas corouse no día de onte como Campión da IV CAMOVI (Carreira dos Montes de Viveiro) 2014  na distancia dos 15 kilómetros.
Martín foi o vencedor con un tempo de 1 horas e 22 minutos, por diante de Alberto Rguez (Ourense Atletismo) e Jorge Ramís (Gijón).
Ademáis, outro laurentino enrolado no Club Ciclista Eo, Siro Maseda(9º Clasificado) entraba entre os 10 primeiros logo de percorrer 40 kilómetros con un tempo de 4 horas e 3 minutos.