Novas

OS CONCELLOS DE ALFOZ, BARREIROS, LOURENZÁ E TRABADA SACARÁN A CONCURSO A XESTIÓN CONXUNTA DOS RESIDUOS EN BASE AO ESTUDO ELABORADO E PRESENTADO HOXE POR DOUS PROFESORES DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

Os concellos de Alfoz, Barreiros, Lourenzá e Trabada sacarán a concurso a xestión conxunta dos residuos en base ao estudo elaborado e presentado hoxe en Vilanova de Lourenzá polos profesores do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago José Atilano Pena López e José Manuel Sánchez Santos.

O RECINTO FEIRAL ACOLLE A PRIMEIRA FESTA DEDICADA ÁS FABAS DE LOURENZÁ CON CALLOS MAÑÁ, XOVES SANTO. ESTÁ ORGANIZADA POLA COMISIÓN DE FESTAS DE SANTA CRUZ E HOXE É O ÚLTIMO DÍA PARA COMPRAR AS ENTRADAS EN VENDA ANTICIPADA

O recinto feiral de Vilanova acollerá a primeira festa gastronómica dedicada ás fabas de Lourenzá con callos mañá, Xoves Santo, a partir das 21:30 horas. Este evento está organizado pola comisión de festas de Santa Cruz e hoxe é o último día para comprar as entradas en venda anticipada, lembrou a alcaldesa, Emma Álvarez Chao.

A COMISIÓN FORMADA POR REPRESENTANTES VECIÑAIS E POLÍTICOS ELIXIU O ESCUDO DO CONCELLO, QUE INCLUIRÁ UN BÁCULO, UN VELO ABACIAL, UNHAS ESPIGAS E UNHAS VIEIRAS

A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, explicou que “na tarde de onte mantivemos unha xuntanza da comisión de seguimento para a creación do escudo e da bandeira que represente ao Concello de Lourenzá. Nesta reunión estiveron presentes Eduardo Pardo de Guevara, que é o vicepresidente da Comisión Heráldica e a maiores é o delegado do CSIC en Galicia e director do Instituto Padre Sarmiento; Alberto Pazos, que é o director xeral de Administración Local e presidente da Comisión Heráldica de Galicia; e tamén Pablo Otero, que é vocal da mesma comisión.