Novas

O XI TORNEO DE BALONCESTO FEMININO LOURENZÁ EN XOGO DISPUTARASE DO 17 AO 19 DE ABRIL E CONTARÁ CON 20 EQUIPOS

Onte presentouse a XI edición do torneo de baloncesto feminino Lourenzá en Xogo. No acto estiveron Emma Álvarez Chao (alcaldesa de Lourenzá); Manuel Otero Méndez (responsable do Servicio Provincial de Deportes da Xunta de Galicia); Pablo Maseda Fernández (concelleiro de Deportes en Lourenzá); e Mariano De La Torre Galindo (adestrador do equipo de Segunda Autonómica), entre outras persoas. Tiveron especial protagonismo os equipos infantil e cadete.