Novas

A piscina municipal estará aberta dende o vindeiro luns, 1 de xullo, ata o 31 de agosto en horario de 12 a 20 horas. Haberá cursos de natación do 15 de xullo ao 15 de agosto

Lourenzá, 27 de xuño de 2013. O vindeiro luns, día 1 de xullo, comeza a tempada na piscina municipal de Lourenzá, que estará aberta ata o 31 de agosto en horario de 12 a 20 horas. Anunciouno hoxe a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, que tamén deu a coñecer que haberá cursos de natación do 15 de xullo ao 15 de agosto.

A comisión municipal de goberno acordou sacar de novo a concurso a explotación da cafetería do Centro Social e aprobou as bases para contratar ás 8 persoas que se dedicarán á prevención e extinción de incendios

Lourenzá, 26 de xuño de 2013. Na reunión da comisión de goberno do Concello de Lourenzá celebrada hoxe acordouse sacar a concurso outra vez a explotación da cafetería do centro de servizos sociais, porque na anterior convocatoria quedara deserta. Tamén foron aprobadas as bases para a contratación de 8 persoas que se dedicarán á prevención e extinción de incendios.

O Concello repara os danos causados na madrugada de onte no alumeado público de Vilanova e nos pivotes da ponte sobre o río Baos. A alcaldesa considera que estes estragos rozan o vandalismo, que non está permitido nin na noite de San Xoán

Lourenzá, 25 de xuño de 2013. O Concello de Lourenzá xa está traballando para reparar os danos causados na madrugada do domingo ao luns no alumeado público de Vilanova, que esperan ter restablecido hoxe, e nos pivotes da ponte sobre o río Baos. A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, considera que estes estragos rozan o vandalismo, algo que non está permitido aínda que sexa a noite de San Xoán.