Novas

A CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS CONMEMORA O DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO DE MAMA CUNHA MERENDA SOLIDARIA ESTE XOVES, DÍA 19, NO CENTRO SOCIAL TORREÓN DOS FRADES

Este xoves, dá 19 de outubro, terá lugar unha merenda solidaria no Centro Social Torreón dos Frades ás 18:00 horas con motivo do Día mundial contra o cancro de mama. Está organizada pola Concellería de Servizos Sociais.

Na merenda solidaria haberá mantecadas e chocolate para todos os asistentes e os donativos serán entregados a Asociación Española Contra o Cancro. O Concello de Lourenzá agradece a colaboración de Pastelería Cabaleiros, que contribúe aportando as mantecadas para a merenda.

AGRADECEMENTO DO EQUIPO DE GOBERNO DE LOURENZÁ - FESTA DA FABA 2017

Moitas, moitísimas grazas ao pobo de Lourenzá.

Un ano máis celebrouse con enorme éxito unha nova edición de Festa da Faba.

Que sirvan estas liñas para agradecer a participación, a colaboración e o civismo que ano tras ano vén demostrando o noso pobo cando se celebran este tipo de eventos no noso municipio.