Novas

A CONCELLERÍA DE XUVENTUDE ORGANIZA UN TALLER GRATUÍTO DE COACHING QUE COMEZARÁ NESTE MES DE SETEMBRO. O PRAZO PARA INSCRIBIRSE REMATA O DÍA 18.

Lourenzá, 8 de setembro de 2017. O Concello de Lourenzá, a través da Delegación Municipal de Xuventude, organiza un taller gratuíto de coaching que comezará neste mes de setembro e terá unha duración de 35 horas. O prazo para inscribirse está aberto e rematará o día 18.

Trátase dun taller gratuíto destinado a mozos de 16 a 29 anos de idade no que se impartirán técnicas de motivación para a busca de emprego, comunicación e habilidades.

ESTA SEMANA COMEZARON OS TRABALLOS DE PINTADO DA SINALIZACIÓN HORIZONTAL NAS RÚAS DO CASCO URBANO

Esta semana comezaron os traballos de pintado da sinalización horizontal nas rúas do casco urbano de Lourenzá.

A alcaldesa, Rocío López, explicou: “estase procedendo ó repintado de todas as liñas brancas e amarelas de pasos de peóns, stops, zonas de aparcamento e cruces das distintas rúas do casco urbano. O material empregado para os pasos de peóns e un tipo especial de pintura antideslizante para evitar posibles resbalóns dos viandantes sobre todo nos días de choiva”.