Novas

A CONCELLERÍA DE CULTURA ORGANIZA UNHA ACTUACIÓN DO GRUPO OS MONIFATES PARA ESTE VENRES NO CEIP JUAN REY

Este venres, día 23, a partires das 11 da mañá o CEIP Juan Rey, de Lourenzá, acollerá unha actuación do grupo Os Monifates. Está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Lourenzá e inclúese dentro do programa Cultura no Camiño.

O edil de Cultura, Manuel Arango, explicou que “farán dous pases: o primeiro será de carácter didáctico e o segundo consistirá nunha actuación musical con instrumentos tradicionais acompañados de monicreques”.

DOUS ALUMN@S DO CEIP JUAN REY FORON PREMIADOS NA FASE PROVINCIAL DO CERTAME PROVINCIAL DAS LETRAS GALEGAS

Dous alumn@s do CEIP Juan Rey, de Lourenzá, foron premiados na fase provincial do certame provincial das Letras Galegas.

O edil de cultura, Manuel Arango, en nome do Concello de Lourenzá, felicita aos alumnos do CEIP Juan Rey premiados na fase provincial do Certame das Letras Galegas da Biblioteca Nodal de Lugo. Claudia Carril Cabaleiro, de 11 anos, obtivo o primeiro premio en narración e un accésit en debuxo e Sergio García Barrera, de 8 anos, logrou o terceiro premio en debuxo.

A ALCALDESA E O CONCELLEIRO DE CULTURA ENTREGARON OS PREMIOS DO CONCURSO DE POESÍA E NARRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS CONVOCADO POLA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL

A alcaldesa, Rocío López, e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango, entregaron os premios do concurso de poesía e narración das Letras Galegas convocado pola biblioteca pública municipal.

No apartado de narración os premiados son: Lidia Díaz Ventoso, Daniela Yáñez Lorenzo, Henar Méndez Piñeiro, Claudia Carril Cabaleiro, Adriana Polo González, Chayma Amernis Talhimt, Mario Moirón Martínez, Adriana González de la Barrera e Nerea Álvarez Valea.