Noticias

ESTE VINDEIRO SÁBADO 12 DE OUTUBRO OS EQUIPOS ALEVÍN MASCULINO E FEMININO DAS E.D. LOURENZÁ-MONDOÑEDO PARTICIPARÁN NO CTO. GALEGO POR EQUIPOS

Este vindeiro sábado día 12 de Outubro os equipos alevín masculino e feminino das E.D. Lourenzá Mondoñedo desplazaranse ata o Barco de Valdeorras para participar no Cto. Galego por Equipos. Ademáis dos nosos pupilos, estarán clubs de renome loitando polo pódium e que son: Franciscanos de Lugo, Afflelou Narón, o anfitrión Adas, Vila de Cangas (Vigo) e Club Atletismo Sada.

Na categoria Alevín Masculino a escuadra estará formada por:

Xoel Otero: 60 metros lisos.

Aleix Diaz: 500 metros lisos.

Adnan Itrih: 1000 metros lisos.

A ALCALDESA AFIRMA QUE A 23ª EDICIÓN DA FESTA DA FABA CUMPRIU O OBXECTIVO DE PROMOVER ESTE PRODUTO E O CONCELLO. NAS DEGUSTACIÓNS VENDÉRONSE 1.160 RACIÓNS E NOS MERCADOS COMERCIALIZÁRONSE MÁIS DE 6.000 QUILOS DE FABAS

Lourenzá, 7 de outubro de 2013. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, fixo esta mañá balance da 23ª edición da Festa da Faba e afirmou que se cumpriu o obxectivo de promover este produto e o concello. Destacou que nas degustacións vendéronse 1.160 racións e nos mercados comercializáronse máis de 6.000 quilos de fabas.