Noticias

A 23ª FESTA DA FABA INCLUIRÁ TRES DEGUSTACIÓNS DE PRATOS, MERCADOS E ACTIVIDADES CULTURAIS, FESTIVAS E DEPORTIVAS. HOXE PRESENTOUSE O CARTEL E O PROGRAMA DO FESTEXO, QUE SERÁ PREGOADO POR IAGO CASTRILLÓN E INAUGURADO POLA CONSELLEIRA DE TRABALLO

Lourenzá, 27 de setembro de 2013. A 23ª edición da Festa da Faba, que se celebrará do 4 ao 6 de outubro, incluirá degustacións de tres pratos diferentes, un deles novo neste festexo pero que era moi típico na zona hai anos: potaxe de fabas á antiga usanza. Tamén haberá mercados e numerosas actividades culturais, festivas e deportivas, que figuran no programa presentado hoxe xunto co cartel elaborado pola nena Antía Lillo Irimia. O evento será pregoado polo premiado cociñeiro laurentino Iago Castrillón e inaugurado pola Conselleira de Traballo, Beatriz Mato, o sábado 5.

PRESENTACIÓN DA IV CARREIRA POPULAR VAL DAS FABAS 2013

    Hoxe xoves día 26 DE SETEMBRO, ás 18:00 horas e no salón de Actos do Concello deLourenzá presentouse en roda de prensa a IV EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR VAL DAS FABAS.
    A carreira será o vindeiro 5 de outubro enmarcada dentro da programación festiva da Festa da Faba de Lourenzá ás 16:30 horas para categorías menores e ás 17:30 horas para cadetes, juniors e séniors(percorrido de 6,330)

    Estiveron presentes,

O CAMPO DE ADESTRAMENTO DE SANTA CRUZ SERÁ ACONDICIONADO POLO CONCELLO COA AXUDA DA XUNTA A TRAVÉS DUN CONVENIO QUE FOI APROBADO HOXE POLA COMISIÓN DE GOBERNO MUNICIPAL. A ALCALDESA LAMENTA A FALTA DE APOIO DA DEPUTACIÓN DE LUGO PARA ESTA OBRA

Lourenzá, 26 de setembro de 2013. O campo de adestramento de Santa Cruz será acondicionado polo Concello de Lourenzá coa axuda da Xunta de Galicia a través dun convenio que foi aprobado hoxe pola comisión de goberno municipal. A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, lamenta a falta de apoio da Deputación de Lugo para esta obra.

A SALA MULTIUSOS DO TORREÓN DOS FRADES ACOLLERÁ UN CURSO DE BAILE DE SALÓN PARA NENOS E ADULTOS A PARTIR DO 2 DE OUTUBRO

Lourenzá, 26 de setembro de 2013. O vindeiro mércores, día 2 de outubro, ás 22:15 horas empezará en Lourenzá un curso de baile de salón para nenos e adultos, que se desenvolverá na sala multiusos do Torreón dos Frades.

Será impartido pola escola de baile Goldance, constará de dez clases e os teléfonos de contacto para os interesados son 620.770.388 e 680.725.978.

OITO ESTABLECEMENTOS DE VILANOVA OFRECERÁN 20 TAPAS DE BALDE NA SEXTA RUTA DA FESTA DA FABA DE LOURENZÁ, DO 4 AO 6 DE OUTUBRO. O PRIMEIRO DÍA HABERÁ CANTOS DE TABERNA NAS RÚAS E NOS LOCAIS PARTICIPANTES

Lourenzá, 25 de setembro de 2013. A sexta edición da ruta de tapas con fabas de Lourenzá, que organiza o Concello, conta coa participación de oito establecementos hostaleiros de Vilanova, que ofrecerán 20 tapas de balde do 4 ao 6 de outubro. Na tarde noite do primeiro día haberá cantos de taberna nas rúas e nos locais participantes.