Noticias

AS E.D. LOURENZÁ MONDOÑEDO TEÑEN NOVO EQUIPO SENIOR DE BASKET FEMININO

As E.D. Lourenzá Mondoñedo teñen novo equipo sénior de basket feminino. No dia de hoxe, que era o última para inscribir o equipo, concretouse de forma oficial a inscripción para participar na Liga Provincial de Lugo e Coruña.

Así pois, por primeira vez na historia as Escolas presentarán dous equipos en ámbito sénior feminino, un en Nacional e outro en Provincial.

O CONCELLO ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DO TALLER DE MEMORIA. OS/AS INTERESADOS/AS EN PARTICIPAR PODEN INSCRIBIRSE ATA O VINDEIRO 11 DE OUTUBRO NO CENTRO SOCIAL TORREÓN DOS FRADES

Lourenzá, 24 de setembro de 2013. O Concello organiza unha nova edición do taller de memoria. A inscrición está aberta e rematará o 11 de outubro, tal e como informa a alcaldesa, Emma Álvarez, a través dun bando.

O taller será impartido polo departamento de Servizos Sociais do Concello. No bando sinálase que “para realizar a inscrición hai que achegarse ata o centro social Torreón dos Frades de 10 a 13 horas ou poñerse en contacto con Dolores Villasuso, a educadora familiar, chamando ao seguinte teléfono: 982 12 10 36”.

O PASADO SÁBADO O 21 DE SETEMBRO DE 2013 A ASOCIACIÓN DE SENDEIRISMO TERRAS DE LOURENZÁ ORGANIZOU UNHA ANDAINA POLA RUTA DO CARES

O pasado sábado 21 de Setembro de 2013, a Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá, organizou unha ruta que ningún sendeirista debería deixar de facer, a Ruta do Cares. Nela participaron unhas 40 persoas, que tras percorrer uns 23, 5 km aproximadamente cruzaron de Posada de Valdeón a Poncebos, repoñendo forzas en Caín. A ruta tivo, como non podía ser doutro xeito, unha gran aceptación e os sendeiristas deron fe da preciosidade da mesma e os encantos que esconde, magnificados polo impresionante dia do que se disfrutou.

MAIORES VECIÑOS DO CONCELLO DE LOURENZÁ ASISTIRON A UN OBRADOIRO DE LECTURA E ESCRITURA EN GALEGO

Maiores veciños do concello de Lourenzá asistiron a un obradoiro de lectura e escritura en galego organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa durante este mes de setembro. Este obradoiro impartiuno a técnico do servizo, que é a licenciada en filoloxía galego-portuguesa Mª Luz Pérez Goás, quen explicou que “a finalidade era crear un espazo onde as persoas de entre 60 e 80 anos puidesen compartir o pracer da lectura e da escritura en lingua galega.