4 Atletas Xuvenís mañá Sábado no Cto. Galego Xuvenil de pista cuberta

4 atletas xuvenís das Escolas do Maderas Barcia Lourenzá conseguiron entrar por marca acreditada no Cto. Autonómico Xuvenil que terá mañá lugar en Riazor(A Coruña).

Carmen López Diniz competirá ás 16:30 na final de triple salto e preséntase coa 5ª mellor marca (9,35) da serie. Genito Pérez (17,15 h.) competirá tamén na final directa de salto de altura levando unha mellor marca acreditada de 1,51. Luís López (18,15) estará na Final A de 400 coa 6ª mellor marca dos atletas que se presentan e Nerea Bajatierra (17,45) en Peso (10,05) acude coa 4ª mellor marca do ano e será unha das gran bazas do atletismo mariñano para o podium.