Equipos de País Vasco, La Rioja, Comunidad Valenciana e Galicia participarán no Décimo Torneo de Baloncesto Feminino organizado polo Concello, que se celebrará do 28 ao 30 deste mes no Polideportivo Municipal

Lourenzá, 19 de marzo de 2013. O polideportivo municipal de Lourenzá acollerá do 28 ao 30 deste mes de marzo a décima edición do torneo de baloncesto feminino que organiza o Concello e no que participarán equipos de catro comunidades autónomas. Na programación deste evento deportivo inclúense varias actividades paralelas.O torneo foi presentado esta mañá pola alcaldesa, Emma Álvarez Chao; o concelleiro de Deportes, Pablo Maseda; o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta, Manuel Otero; o técnico de Deportes do Concello de Lourenzá, Rubén García; o adestrador do equipo sénior do Lourenzá-Ensino, Juan Nécega; e o director do Ceip Juan Rey, Eduardo Iglesias, “que nos cede as instalacións do colexio”, explicou o concelleiro de Deportes. Tamén citou aos patrocinadores oficiais do torneo, que son Construcciones Augacons, Panadería Neli e Construcciones Emérito Cabaleiro, e aos colaboradores que son a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Lugo, a Fundación Deporte Galego, a Federación Galega de Baloncesto, Caixa Rural Galega e Coca Cola.

Pablo Maseda comentou que o torneo “contará con tres categorías, que serán junior, senior e cadete, e celebrarase no pavillón de Lourenzá. O mércores 27 chegarán os equipos e despois os días de competición serán o 28 e 29, xoves e venres, e o sábado 30 terán lugar as semifinais e as finais e clausurarase ás oito da tarde”. Ademais destacou que participan equipos de catro comunidades autonómicas, pois “aparte da galega van vir de País Vasco, La Rioja e Comunidade Valenciana”.

O concelleiro de Deportes tamén anunciou que “de forma paralela ao torneo celebraranse varias actividades, como un concurso de triplas; teremos unha sala de ocio para as participantes no torneo, que contarán con televisión, internet, futbolín, xogos de mesa, etcétera. Haberá tamén partido de monitores, como é tradicional todos os anos, e a noite celta co grupo de gaitas Ao son do Masma o xoves. A noite do venres poderán disfrutar do primeiro festival da xuventude, que se celebra en Santo Tomé organizado pola asociación de festas desa parroquia e contará con catro orquestras para pasar un bo rato. E despois o sábado para os equipos que se queden a durmir teremos en Lourenzá a Festa da Pascua, que está organizada pola asociación Conde Santo”.

Pablo Maseda rematou dando as grazas “a toda a directiva das escolas deportivas e aos traballadores do Concello, que van colaborar con nosoutros de xeito altruísta estes días para que todo sexa un éxito”.

basket lourenza 2013

en xogo lourenza basket 2013