LOURENZÁ, SEDE INICIAL E FINAL DA 1ª ETAPA DA VOLTA CICLISTA ÁS COMARCAS

O Venres día 30 de maio Lourenzá vestirase de gala para acoller a saída e a primeira etapa da Volta Ciclista ás Comarcas. A presentación de equipos será no Cantón ás 12:30, a saída está programada para as 14:00 horas e a chegada está prevista tamén no Cantón ó redor das 17:30 horas.