Nayara Campo e Sergio García, os Afortunados no Sorteo da Colección de Cromos!!!

No día de onte realizouse o sorteo dunha tablet e dunha equipación de fútbol de 1ª división a aqueles alumn@s das Escolas que completaron entre os 10 primeiros o histórico álbum do clube; ademáis de entregarlles un cromo en formato xigante da súa foto favorita da colección.

Nayara Campo, xogadora do equipo de basket infantil; resultou agraciada coa tablet; mentres Sergio García, xogador do equipo de fútbol prebenxamín; foi afortunado cunha equipación de fútbol dun equipo de 1ª división que él elixa.

No acto estiveron presentes a Alcaldesa de Lourenzá Dª. Rocío López, o Concelleiro de Deportes D. Fco. Dasilva e o presidente das Escolas D. Pablo Maseda.

Noraboa ós afortunados e Noraboa a toda Lourenzá pola colección!!!