AS NENAS DA SECCIÓN DE PATINAXE SON DE BRONCE NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CHANTADA

O pasado sábado estivemos participando por primeira vez nun Campionato Provincial de Patinaxe en Chantada. As nosas "pequenas" dirixidas maxistralmente por Tania Irimia alcanzaron a medalla de bronce co tema musical "Musical Exipcios".