O SALÓN DE ACTOS DA CASA DO CONCELLO ACOLLERÁ UNHA CHARLA SOBRE O INFARTO DE MIOCARDIO A CARGO DO CARDIÓLOGO RAMÓN RÍOS O DÍA 25 DESTE MES

Lourenzá, 17 de febreiro de 2016. O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá unha charla sobre o infarto de miocardio a cargo do cardiólogo Ramón Ríos Vázquez, que exerce no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), de Lugo. Será o día 25 deste mes, xoves, ás oito e media da tarde.

A alcaldesa, Rocío López García, anunciou hoxe que este acto “organízao o Concello de Lourenzá en colaboración coa Federación Veciñal Lucus Augusti. A charla terá como tema principal o infarto de miocardio e será impartida polo doutor Ramón Ríos Vázquez, cardiólogo do HULA e membro do equipo do doutor Carlos Juanatey”.

A rexedora municipal engadiu que na charla “abordaranse cuestións moi importantes, todas elas relacionadas co infarto de miocardio. Explicaranse cales son os síntomas previos a un infarto e como detectar se un paciente o está a sufrir. Tamén darán indicacións de como proceder ante un caso de infarto de miocardio e de como tratar e prestar auxilio ao paciente. As horas posteriores aos primeiros síntomas iniciais á detección do infarto poden ser fundamentais para a supervivencia do paciente”. 

Rocío López rematou explicando que “o obxectivo desta charla é facilitar información e familiarizar á xente cun tema que cada día se volve máis común e afecta máis a saúde dos cidadáns”.

O SALÓN DE ACTOS DA CASA DO CONCELLO ACOLLERÁ UNHA CHARLA SOBRE O INFARTO DE MIOCARDIO A CARGO DO CARDIÓLOGO RAMÓN RÍOS O DÍA 25 DESTE MES