O SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO ACOLLERÁ O VINDEIRO LUNS, DÍA 15, UNHA CHARLA INFORMATIVA SOBRE O PROGRAMA DE AXUDAS PARA A REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NOS CAMIÑOS DE SANTIAGO

O vindeiro luns, 15 de febreiro, ás 20:00 horas terá lugar no salón de actos do Concello de Lourenzá unha charla informativa do programa de subvencións para a rehabilitación de vivendas nos Camiños de Santiago.

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explicou que “a charla será impartida por técnicos da Consellería de Infraestruturas e Vivenda e nela abordaranse diversos temas, dende quen son os beneficiarios das axudas ata a resolución de dúbidas. No concello de Lourenzá o ámbito de aplicación destas subvencións comprende o trazado do Camiño na parroquia de Santa María e a totalidade das parroquias de San Adriano, Santo Tomé e San Xurxo”.

A rexedora anima “a tódolos veciños das parroquias polas que transcorre o Camiño a asistir a esta charla e a informarse das características destas axudas” e destaca que “este tipo de actuacións contribúen á conservación e ó mantemento das construcións tradicionais do noso rural e engaden valor ó noso patrimonio histórico e paisaxístico”.

O SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO ACOLLERÁ O VINDEIRO LUNS, DÍA 15, UNHA CHARLA INFORMATIVA SOBRE O PROGRAMA DE AXUDAS PARA A REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NOS CAMIÑOS DE SANTIAGO