Presentación VII Val das Fabas 2016

Hoxe mércores ás 19:30 horas no Pavillón Municipal de Lourenzá presentase en roda de prensa a VII EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR VAL DAS FABAS.

A carreira será o vindeiro domingo 2 de outubro enmarcada dentro da programación festiva da Festa da Faba de Lourenzá ás 10:40 horas para categorías menores e ás 11:30 horas para cadetes, juniors e séniors(percorrido de 6 kilómetros 310 metros)

Estarán presentes,

- Dª Rocío López García (Alcaldesa do Concello de Lourenzá)

- D. Manuel Otero Méndez (Servicio Provincial De Deportes da Xunta de Galicia)

- D. Francisco Dasilva (Concelleiro de Deportes)

- D. Pablo Maseda (Presidente das E.d. Lourenzá)

- Os atletas das Escolas Deportivas que tiveron medalla en cto. autonómico este pasado curso.

- E os responsables das empresas colaboradoras: Maderas Barcia, Caixa Rural, Banco Santander, Coca Cola, Josbi, Eroski, Neli, Gadis, Morán, Pastelería Cabaleiros, Cartoy Proapoyo, Caf. Vin Morrigan, O Torreón, Cantón Bar, Librería Josgua, Frutas Hmnos. Rivas, La Voz de Galicia, Cope-Cadena 100....

Será tamén a cuarta edición que se corra con cronometraxe oficial de Championchip ( vídeo chegada en línea de meta) e ademáis teremos un saqueto de fabas para todos os vencedores das diferentes categorías de adultos, trofeos inéditos ós campións, ademáis de trofeos ós 3 primeiros clasificados de todas as categorías, medallas para todos os participantes de categorías menores(pitufos e prebenxamín) e un regalo dunha camiseta técnica especial para corredores para os adultos. A proba contará tamén con avituallamento líquido e sólido á metade e final do percorrido, cronómetro xigante en meta, seguro individual de accidentes, dorsal con impresión de código QR para visualización inmediata de resultados persoais ó chegar á meta, ambulancia, vallas e senalización do circuito cada 500 metros....

AS INSCRIPCIÓNS ESTARÁN ABERTAS ata o MARTES 27 DE SETEMBRO !!!