AS RÚAS AVENIDA DE MONDOÑEDO, AVENIDA DO VAL E TRAVESÍA DA MARIÑA ESTARÁN CORTADAS AO TRÁFICO O VINDEIRO LUNS, 5 DE MAIO, DE 8 A 15 HORAS POLAS OBRAS DE ARRANXO DUN PASO DE PEÓNS

As rúas avenida de Mondoñedo, Avenida do Val e Travesía da Mariña, de Vilanova de Lourenzá, estarán cortadas ao tráfico o vindeiro luns, 5 de maio, de 8 a 15 horas con motivo das obras de arranxo dun paso de peóns na Travesía da Mariña.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, deuno a coñecer a través dun bando, no que tamén anuncia que ese día a parada de autobuses estará situada no cruce das rúas Travesía da Mariña e Calvo Sotelo, xunto ao Bar Cabaleiros.