ELIXIDAS AS OITO COMPAÑÍAS E AS OBRAS PARA PARTICIPAR NO SEGUNDO CERTAME DE TEATRO CONCELLO DE LOURENZÁ.
Lourenzá, 20 de outubro de 2018. Xa foron escollidas as oito obras que van ser representadas no segundo Certame de Teatro Concello de Lourenzá. O xurado, presidido polo concelleiro de Cultura, Manuel Arango, e formado por laurentin@s vinculados coa cultura ou con asociacións da localidade, non o tivo nada fácil, non só polo número de compañías presentadas, dezaoito, senón tamén pola calidade das obras.