Novas

Novas do Concello

Basket: Mencía, Marta e Nuria, do Terras da Mariña Lourenzá; convocadas co Ensino Infantil na Liga Galega para Vilagarcia

Gracias á vinculación do noso Equipo Infantil Feminino de Basket Terras da Mariña Lourenzá ó Equipo de Liga Galega Cafés Candelas Ensino no día de onte domingo Marta Martínez, Mencía Mtnez-Sierra e Nuria Bdez. de La Puente entraban xa na primeira convocatoria do equipo para disfrutar da Liga Galega en Vilagarcia.

A pesar da derrota por 53-51; as 3 xogadores dispuxeron de minutos e tiveron capacidade anotadora.

UNHA UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS ESTARÁ NO MERCADO COMARCAL GANDEIRO DO 20 AO 23 DESTE MES

Unha unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas desprazarase a Lourenzá do 20 a 23 deste mes. Deuno a coñecer a través dun bando a alcaldesa, Rocío López García.

A rexedora explica que a unidade móbil situarase no mercado comarcal gandeiro de Lourenzá desde o vindeiro martes, día 20, ata o venres 23. Os días 20, 21 e 22 estará en horario de 09:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas e o día 23 atenderá só pola mañá.

Novo patrocinador para o equipo xuvenil de fútbol das Escolas!!!

Nesta nova temporada onde o equipo xuvenil adestrado por Diego Rego comenzará a liga en breve o equipo estará PATROCINADO por O REI DAS TARTAS, unha marca universal que aposta polo traballo que dende as Escolas Lourenzá e ó Mondoñedo Fc están a facer co traballo de fútbol base. En breve estrearemos a nova equipación!!!

O Rei das Tartas disputa no día de mañá sábado un novo amigable, este caso recibindo ó C.D. S. Ciprián ás 18:00 horas en Anfield Cruz!!!.

Distribuir contido