Novas

Novas do Concello

PRESENTADO O CARTEL PARA A XXX FESTA DA FABA DE LOURENZÁ, QUE SE CELEBRARÁ EN OUTUBRO DE 2021

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango, presentaron o cartel anunciador da XXX edición da Festa da Faba, que se celebrará do 1 ao 3 de outubro de 2021.

O cartel é obra de Javier Antonio Marinas Garcia, veciño de Corvera (Asturias) que foi o gañador do concurso convocado polo Concello de Lourenzá para a edición deste ano 2020. Pero debido a que se suspendeu por mor da pandemia do Covid19, o Concello decidiu que este cartel quedase escollido xa para a edición do ano 2021.

MANIFESTO DA FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE ASOCIACIÓNS DE PROFESIONAIS DE ATENCIÓN TEMPERÁ CON MOTIVO DO DÍA DA ATENCIÓN TEMPERÁ

O 16 de XUÑO celebramos un día moi especial.  O 16 de xuño do ano 2000 tiña lugar en Madrid a presentación do “Libro Branco”. Un fito na historia da atención á infancia no noso país.  Nel definíase a Atención Temperá como "o conxunto de actuacións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á familia e á contorna, que ten por obxecto dar resposta, de forma o máis inmediata posible, ás necesidades que presentan os nenos e nenas con alteracións no desenvolvemento ou con risco de padecelas, e/ou ás súas familias”.

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVIZO DE RECOLLIDA DE LIXO E RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS

Adxuntamos modificación da ORDENANZA FISCAL NUM.7 REGULADORA DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVIZO DE RECOLLIDA DE LIXO E RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS, segundo a cal se pode solicitar a exención e bonificación do pago por recollida de lixo e residuos sólidos urbanos para autónomos e pymes eximidos da taxa no programa de axudas pola covid 19, por ter a consideración de negocio pechado.

O CONCELLO MELLORA UNHA ESTRADA QUE UNE AS PARROQUIAS DE SANTO TOMÉ E SAN ADRIANO

Lourenzá, 3 de marzo de 2020. O Concello de Lourenzá mellora unha estrada que comunica as parroquias de Santo Tomé e San Adriano.

A alcaldesa, Rocío López, explica que as obras lévanse a cabo “nun tramo de preto de 4 quilómetros do firme da estrada que vai desde Castiñeiras Verdes ata As Pantigueiras. Esta obra é posible grazas ao Plan Único da Deputación de Lugo do 2019, cun presuposto total de 150.749 euros”.

A CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS ORGANIZA ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O DÍA DA MULLER O MARTES, O MÉRCORES E O VENRES DESTA SEMANA

Lourenzá, 2 de marzo de 2020. A Concellería de Servizos Sociais organiza actividades para conmemorar o Día da Muller o martes, o mércores e o venres desta semana.

Mañá, martes, e o mércores de 17:00 a 20:00 horas terá lugar na sala do Torreón dos Frades o obradoiro Construíndo o 8M, actividade na que os participantes deberán levar unha camiseta branca para pintala.

Distribuir contido