Novas

Novas do Concello

O DOMINGO HABERÁ UN CONCERTO DA BANDA DE FOZ NA IGREXA DE SAN ADRIANO

O domingo 27 ás 12:30 horas na igrexa de San Adriano haberá un concerto da Banda de Música de Foz. “Está incluído no programa de dinamización das parroquias, dentro do Plan Único da Deputación. Se a climatoloxía o permite será no campo da igrexa e no caso de chuvia farase no interior e con aforo limitado”, explica Manuel Arango.

O PREMIO DO CONCURSO DE POSTAIS CONVOCADO POLO CONCELLO SERÁ ENTREGADO ESTE MÉRCORES

O premio do concurso de postais convocado polo Concello de Lourenzá será entregado este mércores, día 23.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anuncia que “foi elixida a postal que vai empregar como felicitación de Nadal, que é a gañadora do concurso convocado polo Concello de Lourenzá, cuxa autora é Sara Terrón, de 10 anos. O premio, que consiste en 100 euros e trofeo, será entregado este mércores, día 23, ás 17 horas, durante a visita de Papá Noel ao concello”.

O CONCELLO CONVOCA UN CONCURSO DE POSTAIS E A PREMIADA EMPREGARASE COMO FELICITACIÓN MUNICIPAL

O Concello de Lourenzá convoca un concurso de postais entre os escolares de Infantil e Primaria do municipio. A premiada será empregada polo Concello como felicitación de Nadal.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “os traballos deberán presentarse en cartolina A4 e a técnica é libre. Establécese un único premio de 100 euros e trofeo”.

O prazo de entrega, na biblioteca municipal, está aberto ata o día 16 deste mes.

Distribuir contido