O CONCELLO ORGANIZA OBRADOIROS DE COEDUCACIÓN PARA O ALUMNADO DO CEIP JUAN REY DO 2 AO 12 DE NOVEMBRO
O Concello de Lourenzá organiza unha serie de obradoiros de coeducación dirixidos a todo o alumnado do CEIP Juan Rey, tanto de Educación Infantil como de Primaria. Serán unhas 40 sesións a desenvolver do 2 ao 12 de novembro nas instalacións deste centro educativo.