Novas
A PRAZA DO CONCELLO ACOLLEU HOXE UNHA CONCENTRACIÓN EN APOIO E SOLIDARIEDADE CO POBO UCRAÍNO.
Lourenzá, 9 de marzo de 2022. A Praza do Concello de Lourenzá acolleu hoxe, mércores, unha concentración en apoio e solidariedade co pobo ucraíno.
No acto participaron a alcaldesa, Rocío López, os concelleiros Javier Huertas e Manuel Arango, persoal municipal e outros veciños e veciñas de Lourenzá.
O CONCELLO CONMEMORA O DÍA DA MULLER CUNHA ANDAINA E UN CAFÉ COLOQUIO O VINDEIRO MARTES, 8 DE MARZO
O Concello de Lourenzá conmemorará o Día da Muller cunha andaina e un café coloquio, actividades que se celebrarán o vindeiro martes, 8 de marzo.
A XUNTA DE GOBERNO LOCAL APROBOU A SOLICITUDE DE LICENZA PRESENTADA POLA XUNTA PARA RESTAURAR A IGREXA DO MOSTEIRO DE SAN SALVADOR
O Concello de Lourenzá ven de aprobar na xunta de goberno local a solicitude de licenza presentada pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, da Xunta de Galicia, para a realización de traballos consistentes na restauración da igrexa do Mosteiro de San Salvador.
A SALA DE EXPOSICIÓNS MUNICIPAL ACOLLE A MOSTRA A MEMORIA DO SON DO 3 AO 18 DESTE MES
Este xoves, 3 de marzo, ás 12:30 horas inaugúrase a exposición A memoria do son no Concello de Lourenzá.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que se trata “dunha mostra de réplicas de instrumentos medievais elaborados no Centro de Artesanía e Deseño da Deputación Provincial de Lugo. Ao lado de cada instrumento aparece un código QR que ofrece a oportunidade de escoitar os sons de cada instrumento. Tamén se expón un salterio que os visitantes poderán manipular para escoitar o seu son en directo”.
O DESFILE DE ENTROIDO DO DOMINGO DE PIÑATA DE LOURENZÁ REPARTIRÁ MÁIS DE 4.000 EUROS EN PREMIOS
O desfile de Entroido do Domingo de Piñata de Lourenzá, que se celebra o 6 de marzo a partir das 16:30 horas, repartirá máis de 4.000 euros en premios. Foi presentado hoxe pola alcaldesa, Rocío López, e polo presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL), Javier Huertas.
LOURENZÁ ACOLLE O 27 DESTE MES O PRIMEIRO REXISTRO DE EXEMPLARES DE CABALO MARCHADOR GALEGO
Lourenzá acollerá o día 27 deste mes, domingo, o primeiro rexistro de exemplares de cabalos de raza marchador galego. Este evento está organizado polo Concello de Lourenzá e a Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega (PURAGA) e foi anunciado hoxe, venres, pola alcaldesa de Lourenzá, Rocío López.
LOURENZÁ CELEBRA O DESFILE DE ENTROIDO ESTE ANO. SERÁ, COMO É TRADICIONAL, O DOMINGO DE PIÑATA
Vilanova de Lourenzá celebrará o desfile de Entroido este ano. Será, como é tradicional, o Domingo de Piñata, que este ano coincide o 6 de marzo. Da organización encárgase o Concello e colabora a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL).
UNHA DELEGACIÓN MUNICIPAL PROMOCIONOU OS ATRACTIVOS TURÍSTICOS DE LOURENZÁ EN FITUR
Unha delegación do Concello de Lourenzá promocionou os atractivos turísticos do municipio na Feira Internacional de Turismo (Fitur), que se celebra en Madrid.
A alcaldesa, Rocío López; os concelleiros Javier Huertas e Mercedes Dengra; e a técnico de turismo do Concello de Lourenzá, Justa Martínez, asistiron hoxe, venres, á presentación do Plan de Sustentabilidade Turística da Mancomunidade de Concellos da Mariña, no que o Camiño do Norte ao seu paso por Lourenzá e a Faba teñen unha presenza importante.
O DEPARTAMENTO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS PREPARA OS XOGUETES RECOLLIDOS POLO COLECTIVO AIRSOFT A MARIÑA PARA ENTREGALOS A FAMILIAS CON ESCASOS RECURSOS
Os xoguetes recollidos na campaña promovida pola asociación Airsoft A Mariña están depositados nas dependencias do departamento de Servizos Sociais do Concello de Lourenzá, onde os seleccionan e empaquetan para entregalos posteriormente a familias con escasos recursos económicos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »
![RSS - Novas Distribuir contido](/misc/feed.png)