VILANOVA DE LOURENZÁ ACOLLE ESTE SÁBADO OS ACTOS DE APERTURA DO ANO DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
Lourenzá, 5 de xaneiro de 2023. Vilanova de Lourenzá acolle este sábado, 7 de xaneiro, os actos de apertura do ano de Francisco Fernández del Riego, ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas neste 2023. Foron presentados por unha representación da Mesa Coordinadora Don Paco.