LOURENZÁ OFRECE UNHA VISITA GUIADA ARREDOR DA FIGURA DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
Este venres, día 17, presentouse en Lourenzá unha visita guiada arredor da figura de Francisco Fernández del Riego.
Este venres, día 17, presentouse en Lourenzá unha visita guiada arredor da figura de Francisco Fernández del Riego.
Con data 3 de marzo do 2023 formalizouse o contrato de obras entre o Concello de Lourenzá e D. Isidro Otero Bello en representación de Construcciones Isidro Otero S.L. para a que se concedeu unha subvención pola Excma. Deputación Provincial de Lugo ao abeiro do Plan Único 2022 por importe de setenta e cinco mil setecentos dezaseis euros con cincuenta e seis (75.716,56).
Para conmemorar o 8M o Concello de Lourenzá organiza a presentación do libro Siluetas na area este sábado, día 11, e colocará na Travesía da Mariña un banco dedicado á muller esta semana.
Na última reunión Xunta de Goberno Local do Concello de Lourenzá aprobáronse as Bases da Convocatoria de Subvencións Municipais a asociacións do concello para a realización de actividades culturais durante o ano 2023. O importe a repartir entre as distintas asociacións será de 7.500 euros, aumentando así en 1.500 euros a cantidade concedida en anos anteriores.
Lourenzá, 9 de febreiro de 2023. O Concello de Lourenzá iniciou as obras incluídas no proxecto de eliminación de barreiras arquitectónicas no entorno do casco urbano de Vilanova. A alcaldesa, Rocío López, e o concelleiro de Obras, Javier Huertas, visitaron hoxe, xoves, os lugares onde se están desenvolvendo eses traballos.
Un veciño da parroquia de Santo Tomé, José María Marful Gayoso, celebrou o seu centenario nun evento con familiares e amigos. Acompañouno a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García.
O libro titulado Francisco Fernández del Riego, un loitador pola idea de Galicia, escrito por Malores Villanueva Gesteira, será presentado no Pazo de Tovar este sábado, 4 de febreiro, ás 18:00 horas.
Ademais da autora da publicación, no acto participarán a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e Xosé Luis Fernández Rivera, membro da Mesa Coordinadora Don Paco.
Esta presentación está organizada polo Concello de Lourenzá, a Mesa Coordinadora Don Paco e Editorial Galaxia.
Lourenzá, 28 de xaneiro de 2023. A reedición do libro titulado Lourenzá, escrito por Francisco Fernández del Riego, será presentada no salón de actos do Concello de Lourenzá o vindeiro martes, 31 de xaneiro, ás 20 horas. Esta obra de Fernández del Riego foi reeditada polo Concello de Lourenzá e Editorial Galaxia.
No acto participarán a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García; Manuel Román Ramos, historiador estudoso da obra de Del Riego; e o director xeral de Editorial Galaxia, Francisco Castro.
Lourenzá, 24 de xaneiro de 2023. O Concello de Lourenzá, por medio da súa alcaldesa, Rocío López, felicita ao cantante laurentino Jonydasvie (Jonathan Dasilva) porque acaba de ser preseleccionado para participar no festival no que se elixe ao representante da República de San Marino en Eurovisión 2023, que se celebrará en Liverpool en maio.
Lourenzá, 7 de xaneiro de 2023. A Casa do Concello de Lourenzá acolleu hoxe, sábado, o acto inaugural do ano dedicado a Francisco Fernández del Riego. O evento contou coa presenza do conselleiro de Cultura, dos presidentes da Deputación do Luqo, da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega, de alcaldesas, alcaldes, concelleiras e concelleiros, así como de representantes de diferentes asociacións, da Fundación Penzol, da Editorial Galaxia, do CEIP Juan Rey, de Lourenzá, e do IES San Rosendo, de Mondoñedo, entre outros asistentes.