Novas

Novas do Concello

Toca billete para o Cros: Cto. Galego Cadete e Xuvenil!!! Go!!!

O vindeiro domingo en A Baña (A Coruña) volveremos a estar representados polos incansables atletas do Maderas Barcia Lourenzá.

Na categoría cadete participaremos co equipo ó completo: Ainara Rodríguez, Claudia Graña, Ainhoa López, Ana Vallines e Alba Alonso.

Ademáis na categoría xuvenil masculino participarán Pablo Irimia e Cristian Piñeiro.

Lourenzá, elexida sede para organizar o Campionato Provincial de Campo a Través!! Noraboa a tod@s!!! 19 de Febreiro!!!

As instalacións de Sta. Cruz serán sede por primeira vez dun Campionato Provincial.

Organizará a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Atletismo, o Concello de Lourenzá, Protección Civil, as Escolas Deportivas Lourenzá, a Agrupación Deportiva A Mariña, Coca Cola, Morangrupo e Panadería Neli.

O PAZO DE TOVAR ACOLLERÁ OS DÍAS 27 E 28 DESTE MES AS PRIMEIRAS XORNADAS DE HISTORIA LOCAL DE LOURENZÁ ORGANIZADAS POLO CONCELLO.

Lourenzá, 21 de xaneiro de 2017. O Pazo de Tovar acollerá os días 27 e 28 deste mes, venres e sábado, as primeiras Xornadas de Historia Local de Lourenzá, que están organizadas polo Concello. Foron presentadas na propia fortaleza pola alcaldesa, Rocío López; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango; a técnico municipal de Cultura, María José López; o dono do Pazo de Tovar, José Ventoso; e o veciño de Lourenzá Miguel Gavín.

Cando aínda o 31 de Xaneiro o comité organizador do Lourenzá en Xogo 2017 pon o peche ás posibles preinscripcións desta edición, o cartel vaise configurando a bo ritmo

Ademáis do Santutxu e Corazonistas, nos derradeiros días confirmaron tamén a súa participación o Erandio Vizcaya, Balmaseda Vizcaya, Altair de Madrid, Quart de Valencia, Depordima de Ourense e Godella Valencia!!!

Ademáis de éstos equipos, non faltarán no mesmo os anfitrións Muebles Huertas e Terras da Mariña Lourenzá así como os equipos de Ensino Lugo!!

Lembrade que as prazas asignadas serán por riguroso orden de preinscripción!!!

Distribuir contido