Novas

Novas do Concello

Cruces de semifinal de f. sala prebenxamín

PABELLON PALOMAR sábado 13-5-2017

09,00 Horas.— LUMIEIRA-LUGO SALA C inf

10,00 horas.— LUGO SALA 3 –ROSALIA ben 3

11,00 horas .— LUMIEIRA –MEIGALLOS ben 3

12,00horas .— CIDADE LUGO –MEIGALLOS alev 3

13,00 horas.—

 

POLIDEPORTIVO TERRA (DOMINGO 14 MAYO)

16,00 horas .— LUGO 2.OO9-LUGO SALA PREBENJAMIN SEMIF

16,50 horas.— MADERAS BARCIA-BEGONTE PREBENJAMIN SEMIF

Os prebenxamíns de F. Sala Maderas Barcia Lourenzá, de moda

Os Prebenxamíns ganan os cuartos de final provincial a Meigallos Sarria(4/1 con goles de Iago García 2, Nahuel e Sergio) e xa están entre os 4 mellores da provincia. Noraboa!!!

O pasado domingo nun encontro disputado ás 16 horas en Frigsa vencían nos cuartos de final o equipo prebenxamín Maderas Barcia Lourenzá por 4 a 1 ó Meigallos de Sarria. Na semifinal que terá lugar este vindeiro fin de semana espera todo un rival de entidade, o Cd Lugo.

O DÍA 31 DESTE MES REMATA O PRAZO PARA SOLICITAR AS ACTUACIÓNS GRATUÍTAS POLAS POSIBLES AFECTACIÓNS NA TELEVISIÓN DIXITAL TERRESTRE (TDT) OCASIONADAS POLOS NODOS 4G NA BANDA 800 MHZ

O día 31 deste mes de maio remata o prazo para solicitar as actuacións gratuítas polas posibles afectacións na televisión dixital terrestre ocasionadas polos nodos 4G na banda de 800 MHz.

Anunciouno hoxe a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, despois de recibir a seguinte comunicación:

O SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO ACOLLEU UNHA CONFERENCIA SOBRE NUTRICIÓN DEPORTIVA A CARGO DA CAMPIOA DO MUNDO DE ATLETISMO CAROLINA GARCÍA

O salón de actos do Concello de Lourenzá acolleu unha conferencia sobre nutrición deportiva a cargo da atleta Carolina García, que foi campioa do mundo na categoría W35 en 200 metros aire libre no ano 2016 e conseguiu moitos títulos máis na súa carreira deportiva.

No acto, que foi presidido polo concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva, a atleta fixo un breve percorrido pola súa traxectoria como deportista e salientou a importancia que ten unha boa alimentación sobre todo para a xente que practica algún deporte.

Xana Rguez. e Cristian Piñeiro conquistan a Picaraña en Ponteareas. Xana Campiona Galega Cadete de Montaña e Cristian subcampión!!! Grandes!!!

No día de onte 3 balas das Escolas presentábanse ó Campionato Galego de Montaña en categoría cadete na subida de 6 kilómetros ó monte da Picaraña en Ponteareas (Pontevedra).

A saída tiña lugar no Pavillón Álvaro Pino e dende alí percorrían 6 kilómetros de ascensión ata chegar ó alto da Picaraña (350 metros).

Xana Rguez. exhibía o seu potencial na categoría feminina proclamándose campiona galega da especialidade da que xa leva tres temporadas adestrando asiduamente.

Distribuir contido