Novas

Novas do Concello

A TERCEIRA EDICIÓN DO EVENTO TODOS A TOVAR, QUE SERÁ A PRIMEIRA XUNTANZA CAMPESIÑA, CELEBRARASE O 3 DE XUÑO. FOI PRESENTADO POLA ALCALDESA, CONCELLEIROS E REPRESENTANTES DE ASOCIACIÓNS DO MUNICIPIO

Lourenzá, 21 de maio de 2017. A terceira edición do evento Todos a Tovar, que será primeira xuntanza campesiña, celebrarase o día 3 de xuño, sábado, a partir das cinco da tarde. Foi presentado pola alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; concelleiros e representantes de asociacións do municipio.

A DELEGACIÓN MUNICIPAL DE DEPORTES ORGANIZA A PRIMEIRA MILLA POPULAR CONCELLO DE LOURENZÁ, QUE SE CELEBRARÁ O 29 DE XULLO

A Delegación Municipal de Deportes organiza a primeira Milla Popular Concello de Lourenzá, que se celebrará o día 29 de xullo, sábado.

Anunciouno hoxe o concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva, quen explicou: “contaremos coa colaboración das dúas entidades deportivas que temos na vila en materia de atletismo: o Club Atletismo Lourenzá e as Escolas Deportivas Lourenzá; así como de Protección Civil, para o bo desenvolvemento da proba”.

Varios Atletismo!!!

Títulos na Popular de Puerto de Vega-Navia para Pedro Moirón, Carlota Menéndez; Subcampionatos para Ainara Rguez, Leo Martínez e Aleix Díaz. Bronce para Iria Rguez. Non paramos!!!

Unha nova boa actuación das balas neste caso o pasado domingo na localidade asturiana de Navia pola popular Puerto de Vega Navia.

En Prebenxamíns, Títulos para Pedro Moirón e Carlota Menéndez. Prata para Leo Martínez.

F. Sala Prebenxamín Maderas Barcia Lourenzá. Medalla de Bronce Provincial. Temporada 2016/2017

Un trofeo máis ás vitrinas e este ano xa van unhos cantos....

O Prebenxamín disputada o pasado domingo as semifinais provinciais caendo diante do C.D. Lugo por 6 a 2 a pesar de xogar un intenso e entretido partido. A maior rotación do Lugo foi clave ó longo do partido. Ó descanso 3-1.

Na outra semifinal Lugo Sala vencía a Rábade. A final era para o Lugo que vencía a LugoSala por 4 a 1. Non xogamos o 3º/4º posto, por eso ó perder co campión ganábamos a medalla de bronce.

Henar Méndez cólase entre as 10 mellores de Galicia no campionato autonómico de duatlon celebrado en Tomiño (Pontevedra)

Boa actuación das balas de Lourenzá no Cto. Autonómico de Duatlon celebrado o pasado fin de semana en Tomiño.

A nosa actuación:

en Bx Feminino, Henar Méndez - 9ª clasificada con un tempo de 9:52 a 1 minuto da gañadora.

Av. Feminino, Valeria Álvarez - 27ª clasificada con un tempo de 20:35. Valeria ademáis contribuía ó 3º posto por equipos do Triatlon Cidade de Lugo.

OS TICKETS PARA A GRAN CEA DE CLAUSURA DA XXI EDICIÓN DAS ESCOLAS, Á VOSA DISPOSICIÓN !!!

Xa temos á vosa disposición os tickets para acudir á XXI Clausura Oficial Edición Das Escolas Deportivas,que será o vindeiro sábado 27 de maio ás 22:00 horas cunha gran cea na Feira Nova.

Os nen@s estarán invitados(os tickets distribuiranse nos adestramentos) e para as familias están á venda en Morrigan e Neli. Os tickets de adulto terán un precio simbólico de 10 euros e os nenos pequenos que non formen parte das Escolas 5 euros. O prazo para a retirada dos mesmos será o Xoves 25 de maio.

O CONCELLO FAI PÚBLICOS OS PREMIADOS NO CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS DA BIBLIOTECA MUNICIPAL

O Concello de Lourenzá fixo públicos hoxe, martes, os premiados no concurso das Letras Galegas convocado pola biblioteca pública municipal.

No apartado de narración son: Lidia Díaz Ventoso, Daniela Yáñez Lorenzo, Henar Méndez Piñeiro, Claudia Carril Cabaleiro, Adriana Polo González, Chayma Amernis Talhimt, Mario Moirón Martínez, Adriana González de la Barrera e Nerea Álvarez Valea.

A BIBLIOTECA MUNICIPAL ORGANIZA UN ESPECTÁCULO DE MAXIA E MÚSICA DESTINADO AO PÚBLICO INFANTIL PARA FESTEXAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. SERÁ O VINDEIRO MARTES, DÍA 16, NO SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO

A biblioteca pública municipal de Lourenzá organiza un espectáculo de maxia e música destinado ao público infantil para festexar o Día das Letras Galegas. Será o vindeiro martes, día 16, ás doce do mediodía no salón de actos do Concello.

Esta actividade, a cargo de Álvaro Muras, leva por título Carlos Casares con maxia e música, e está incluída no programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia.

O CONCELLO E A EMPRESA IG10 ASINARON UN CONVENIO PARA IMPARTIR CLASES DE PÁDEL NA PISTA MUNICIPAL

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, e o xerente da empresa de xestión deportiva IG10, Ibán García, asinaron un convenio de colaboración entre o Concello e a firma para impartir clases de pádel na pista municipal. No acto estiveron presentes tamén o concelleiro de deportes, Francisco Dasilva, e o monitor do club Activity Center-IG10 Héctor López, que será o encargado da prestación do servizo.

Distribuir contido