Novas

Novas do Concello

O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO PRIMEIRO CERTAME DE TEATRO AFECCIONADO QUE CONVOCA O CONCELLO DE LOURENZÁ REMATA O 30 DE SETEMBRO E XA HAI VARIAS COMPAÑÍAS QUE SE AMOSARON INTERESADAS EN PARTICIPAR

O prazo para inscribirse na primeira edición do certame de teatro afeccionado que convoca o Concello de Lourenzá rematará o día 30 de setembro e xa hai varias compañías que se amosaron interesadas en participar. Así o explicou hoxe o concelleiro de Cultura, Manuel Arango.

ESTA SEMANA COMEZARON OS TRABALLOS DE PINTADO DA SINALIZACIÓN HORIZONTAL NAS RÚAS DO CASCO URBANO

Esta semana comezaron os traballos de pintado da sinalización horizontal nas rúas do casco urbano de Lourenzá.

A alcaldesa, Rocío López, explicou: “estase procedendo ó repintado de todas as liñas brancas e amarelas de pasos de peóns, stops, zonas de aparcamento e cruces das distintas rúas do casco urbano. O material empregado para os pasos de peóns e un tipo especial de pintura antideslizante para evitar posibles resbalóns dos viandantes sobre todo nos días de choiva”.

LOURENZÁ ACOLLE UNHA CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE MAÑÁ, MARTES, DÍA 8. A ALCALDESA E A CONCELLEIRA DE SERVIZOS SOCIAIS ANIMAN AOS VECIÑOS A ACHEGARSE Á UNIDADE MÓBIL QUE ESTARÁ NA PRAZA DO CONDE SANTO

Lourenzá acollerá unha campaña de doazón de sangue mañá, martes, día 8. A alcaldesa, Rocío López García, e a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra Sixto, animan aos veciños do municipio a achegarse á unidade móbil que estará na Praza do Conde Santo, fronte á Casa do Concello, de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 21:00 horas.

O Pádel, tamén de moda en Lourenzá!!! Éxito das clases de pádel!!!

No concello de Lourenzá deron comenzo con gran éxito as clases de Padel!!!

Todos os que queirades participar nas mesmas podedes facelo informándovos a través do monitor no teléfono 617.45.00.96 (Héctor). As sesións que se están a impartir son individuais, parellas e tamén realizando clases-partido.

Así que se estabas dubidando en iniciarte éste é o teu momento!!!

Distribuir contido