Novas

Novas do Concello

O CONCELLO REDUCE AS INDEMNIZACIÓNS POR GASTOS DE DESPRAZAMENTO DOS CONCELLEIROS E OS PLENOS DA CORPORACIÓN CELEBRARANSE CADA DOUS MESES ÁS OITO DA TARDE

No pleno extraordinario da corporación municipal de Lourenzá que se celebrará esta tarde trataranse as propostas da alcaldesa, Rocío López García, para reducir as indemnizacións por gastos de desprazamento dos concelleiros e a periodicidade das sesións plenarias da corporación, que se celebrarán cada dous meses ás oito tarde.

A rexedora explicou que os plenos ordinarios da corporación municipal convocaranse para o terceiro xoves dos meses de xaneiro, marzo, maio, xullo, setembro e novembro ás 20 horas.

A ALCALDESA CONSIDERA INXUSTA A CENTRALIZACIÓN DOS EXAMES TEÓRICOS PARA O CARNÉ DE CONDUCIR EN LUGO PORQUE SUPÓN UN INCONVENIENTE PARA OS ALUMNOS DA MARIÑA E O DESMANTELAMENTO DUN SERVIZO NA COMARCA

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, considera inxusta a centralización dos exames teóricos para o carné de conducir en Lugo porque supón un inconveniente para moitas das persoas da Mariña que teñan que desprazarse á capital da provincia para facer esa proba.

GRANDES ACTUACIÓNS DE JAVIER PEIXE E ULLRICH BASANTA

Este sábado pasado día 11 de xullo o equipo disputou o Gran Premio "Concello de Oleiros" organizado polo CCCambre, no bosque o lado da playa de Bastiagueiro.

Nesta ocasion acudiron a cita Javier Peixe e Juan Jose Longarela Garcia , peixe fixo unha gran carreira o quedar cuarto en Master 40 nun circuito moi bonito e tamen moi duro , Longarela sigue ca mala sorte e despois de unha caida veuse obligado a abandonar.

Distribuir contido