Noticias

PRESENTADO O CARTEL DA XXX FESTA DA FABA, QUE SE CELEBRARÁ DO 30 DE SETEMBRO AO 2 DE OUTUBRO

Lourenzá, 7 de setembro de 2022. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e o concelleiro de Cultura e Festexos, Manuel Arango Ron, presentaron o cartel da XXX Festa da Faba, que se celebrará entre o 30 de setembro e 2 de outubro. O cartel escollido este ano polo Concello de Lourenzá é obra da deseñadora gráfica laurentina Codés Lillo Irimia.

Manuel Arango anuncia que “nos próximos días darase a coñecer o contido da programación desta edición, que volverá ter o formato tradicional despois de dous anos nos que non se puido celebrar por culpa da pandemia”.

REMATOU A REFORMA DA NAVE DO RECINTO FEIRAL PARA A CONSTRUCIÓN DUN LOCAL MULTIUSOS, QUE SERÁ INAUGURADO ESTE SÁBADO, DÍA 10

Lourenzá, 5 de setembro de 2022. Concluíron as obras de reforma das instalacións da nave do recinto feiral para a construción dun local multituosos denominado Ponte de Cuñas. O custe desta actuación foi de 262.000 euros, financiada con cargo ao remanente de Tesourería municipal. Será inaugurado este sábado, 10 de setembro, ás 19:30 horas e ás 20:00 horas actuará Purofilin co seu espectáculo titulado De Machín a la Nueva Trova.

FORMALIZADO O CONTRATO DE OBRAS PARA "MELLORA DE VÍAS MUNICIPAIS" (PLAN ÚNICO 2021)

FORMALIZADO O CONTRATO DE OBRAS PARA "MELLORA DE VÍAS MUNICIPAIS: ESTRADA DE MASMA-PENA-TIAGONCE, PISTA POUSADA, REGO VILAZO E ENTORNO DA FEIRA VELLA" (PLAN ÚNICO 2021)

Con data 7 de setembro de 2021 formalizouse o contrato de obras entre o Concello de Lourenzá e D. Isidro Otero Bello en representación de Construcciones Isidro Otero S.L., para a que se concedeu unha subvención pola Excma. Deputación Provincial de Lugo a través de Plan Único do exercicio do 2021.