O CONCELLO ORGANIZA TRES CHARLAS AO LONGO DESTE MES DE OUTUBRO: UNHA SOBRE PREVENCIÓN E MELLORA DA SEGURIDADE DAS PERSOAS MAIORES; OUTRA SOBRE LIÑAS DE AXUDA PARA PRANTACIÓNS FORESTAIS E A TERCEIRA ANALIZARÁ A DELIMITACIÓN DO CAMIÑO NORTE
Lourenzá, 10 de outubro de 2013. O Concello de Lourenzá organiza tres charlas para desenvolver ao longo do presente mes de outubro, segundo daba a coñecer esta mañá a alcaldesa, Emma Álvarez Chao.