Noticias

A XUNTA PROMOVE A CONSTITUCIÓN DUNHA COOPERATIVA DEDICADA Á COMERCIALIZACIÓN DA FABA ENTRE FABEIROS E PRODUTORES DE HORTA DA MARIÑA DE LUGO

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2013.- A Subdireción Xeral de Cooperativas e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar está a promover a constitución dunha cooperativa especializada na comercialización da faba amparada baixo a IXP Faba de Lourenzá e outros produtos de horta da Mariña lucense co obxectivo de poñer en valor este produto, obviando a intervención de intermediarios, e sendo comercializado polos propios produtores, a prezos de mercado coherentes, transparentes e non especulativos.

O SISTEMA PARA ESCORRENTAR AS POMBAS DA FACHADA DA IGREXA DE SANTA MARÍA DE VALDEFLORES SERÁ RETIRADO POLA SÚA ESCASA EFECTIVIDADE. CONCELLO E DIOCESE ACORDARON COLOCAR PÚAS, PARA O QUE XA SOLICITARON PERMISO A PATRIMONIO

Lourenzá, 14 de novembro de 2013. O sistema para escorrentar as pombas instalado na igrexa de Santa María de Valdeflores, no conxunto histórico do mosteiro de San Salvador, será retirado pola súa escasa efectividade. O Concello de Lourenzá e a Diocese Mondoñedo-Ferrol tomaron esa decisión e tamén a de colocar púas nalgunhas zonas da fachada do edificio, para o que xa solicitaron permiso a Patrimonio.

O CONCELLO PORÁ EN MARCHA UN PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES, QUE SE TRATARÁ NO PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL ESTE VENRES. ABORDARANSE TAMÉN AS MULTAS AOS QUE NON RECOLLAN OS EXCREMENTOS DAS SÚAS MASCOTAS EN ESPAZOS PÚBLICOS

Lourenzá, 13 de novembro de 2013. O Concello de Lourenzá porá en marcha un plan de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, que se someterá a aprobación no pleno da corporación municipal convocado para este venres, día 15, ás 12:30 horas. Na sesión abordarase tamén a imposición de multas aos que non recollan os excrementos das súas mascotas en espazos públicos.

AS CATEGORÍAS ALEVÍN MASCULINO E FEMININO E AS BENXAMÍN MASCULINO E FEMININO ESTIVERON EN VIGO O 9 DE NOVEMBRO PARA PARTICIPAR NA II LIGA ESCOLAR FEDERADA

As categorías alevín masculino e feminino así como as benxamín masculino e feminino estivemos en Vigo (Balaídos) o pasado sábado dia 9 de novembro para participar na II Liga Escolar Federada que organizou a Federación Galega de Atletismo e que terá continuación o dia 30 en Lugo. Ésta é a primeira vez que participa o clube no que cada proba ten que ser cuberta por dous atletas e un atleta non pode ir a máis de duas probas.

Os resultados son os seguintes:

ALEVÍN MASCULINO: Mario Pardo (10º en 60 ml. / 7º em 500)

Nicolás Álvarez(3º em 1000, 4º en altura)