Noticias

O 25 DE XULLO LOURENZÁ LEMBRA A FERNÁNDEZ DEL RIEGO CUN ROTEIRO LITERARIO E COA LECTURA DUN MANIFESTO QUE DON FRANCISCO XA PROCLAMARA DENDE O BALCÓN DA CASA CONSISTORIAL NO ANO 1931

Lourenzá, 19 de xullo de 2013. O 25 de xullo, Día de Galicia, Lourenzá lembra a Fernández del Riego coa reedición do Roteiro Literario que non se fixo o 17 de maio pasado debido ao mal tempo e a lectura dun manifesto que Don Francisco xa proclamara dende o balcón da actual Casa do Concello no ano 1931.

RESULTADOS DAS E.D. LOURENZÁ-MONDOÑEDO NA POPULAR DE CASTROVERDE

A sección de atletismo das E.D. Lourenzá Mondoñedo segue acaparando resultados. O pasado domingo día 14 de Xullo participaron na Popular de Castroverde, acadando os seguintes resultados(os máis destacados):

Pitufos: (100 mts.)

3ª - Iria Rguez.

Prebenxamín Masculino: 300 mts.

3º- Brais Díaz (1,06)

DOUS RESPONSABLES DE RED ELÉCTRICA DE ESPAÑA DARÁN UNHA CHARLA SOBRE A LIÑA BOIMENTE-PESOZ ORGANIZADA POLO CONCELLO. SERÁ O VINDEIRO LUNS, DÍA 22, ÁS OITO E MEDIA DA TARDE NO SALÓN DE ACTOS MUNICIPAL

Lourenzá, 17 de xullo de 2013. Dous responsables de Red Eléctrica de España darán unha charla informativa sobre a liña Boimente-Pesoz ao seu paso polo municipio de Lourenzá. Inclúese no ciclo de conferencias mensuais que organiza o Concello e será o vindeiro luns ás oito e media da tarde no salón de actos municipal.

TURISMO DE GALICIA E A MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA MARIÑA ASINARON HOXE UN CONVENIO DE COLABOARACIÓN PARA POTENCIAR O CARÁCTER DIFERENCIAL DA MARIÑA COMO DESTINO TURÍSTICO

Foz (Lugo), 15 de xullo de 2013.- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e mais o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense, Alfonso Fuente Parga, acompañados da delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, e mais do alcalde da localidade, Javier Castiñeira asinaron hoxe en Foz un convenio de colaboración para a realización de actividades de promoción turística no destino.