Novas

CO BAILE DO TALLER DE MEMORIA EMPEZARON OS ACTOS DE ANTROIDO EN LOURENZÁ

Lourenzá, 7 de febreiro de 2013. Lourenzá iniciou os distintos actos que con motivo do Entroido se van desenvolver no municipio organizados por distintas asociacións e tamén polo Concello. O primeiro deles foi o baile dos maiores que son alumnos do taller de memoria, no que algúns dos participantes foron disfrazados, entre eles a alcaldesa, Emma Álvarez Chao.

A ASOCIACIÓN CONDE SANTO ORGANIZA O LUNS DE ENTROIDO PARA O VINDEIRO DÍA 16. HABERÁ ACTIVIDADES PARA NENOS, CHOCOLATADA, FESTA DE DISFRACES E PREMIOS PARA GRUPOS, PARELLAS, INDIVIDUAIS E O MÁIS CHISTOSO

A asociación Conde Santo, de Lourenzá, celebrará o vindeiro día 16 o seu terceiro luns de Entroido. O evento terá lugar no recinto do Mercado Gandeiro e contará cunha temática central para os disfraces baseada nas distintas culturas e nacionalidades do mundo. Os nenos gozarán de música e xogos especiais a partir das cinco da tarde e poderán participar nunha chocolatada, organizada polo Concello, ao remate da festa infantil, que será gratuíta.

O CONCELLO RECOLLEU DOUS CANS ABANDONADOS NA PARROQUIA DE SANTO TOMÉ

O Concello de Lourenzá recolleu dous cans que foron abandonados na parroquia de Santo Tomé.

A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, explicou que “son dous cachorros femias que xa comen. Para un deles xa hai unha persoa que quere adoptalo e para o outro os interesados poden preguntar na Casa do Concello”.