Novas

O EQUIPO DE NACIONAL ENCAIXA TODAS AS PEZAS CON ESTES DOUS ÚLTIMOS FICHAXES!!!

No día de onte presentaronse as dúas fichaxes esperadas polo técnico Juan Nécega para conformar unha plantilla de garantías.

O equipo debuta este sábado ás 18:30 horas xogando nin máis nin menos que o Trofeo da Festa da Faba no Municipal de Lourenzá, no que se espera un fenomenal ambiente

 

DATOS DAS DÚAS INCORPORACIÓNS:

A ASOCIACIÓN CONDE SANTO ORGANIZA AS FESTAS DE SAN MARCIAL, QUE COINCIDEN COA CELEBRACIÓN DA XXIV FESTA DA FABA

A asociación Conde Santo organiza o programa de festas do San Marcial 2014. Os festexos terán lugar o vindeiro fin de semana no municipio laurentino e, coma en anos anteriores, coincidirán coa celebración da Festa da Faba. Entre os actos programados para este San Marcial atópanse a celebración de dúas sesións vermú, o sábado 4 e o domingo 5 de outubro, e unha verbena na noite do sábado a cargo da orquestra Bluestar e do dúo Epo-K.

AINARA E ANA TRIUNFAN NO GALEGO EN RUTA!!!

Ainara Rguez (campiona galega de 1000 metros lisos e subcampiona galega de campo a través) e Ana Vallines (campiona galega de 2000 metros e campiona galega de campo a través) pechan un curso deportivo 2013/2014 IMPRESIONANTE.