Novas

LOURENZÁ PARTICIPARÁ NO MACROENTROIDO QUE SE CELEBRARÁ EN SANTIAGO ESTE DOMINGO ORGANIZADO POLA AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA, NO QUE PARTICIPARÁN OS CARNAVAIS MÁIS FAMOSOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA

Lourenzá, 4 de xaneiro de 2014. Lourenzá participará no macroentroido que se celebrará en Santiago de Compostela este vindeiro domingo, día 9 de febreiro, organizado pola Axencia de Turismo de Galicia, evento no que participarán os Carnavais máis famosos da comunidade autónoma. O Concello e a asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Lourenzá (ACIAL) darán a coñecer o desfile do Domingo de Piñata e os atractivos do municipio.

ENTREGADOS OS PREMIOS DO CERTAME DE POESÍA DE NADAL 2013 DA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL JUANA DE IBARBOUROU

Lourenzá, 31 de xaneiro de 2014. Os premiados no certame de poesía de Nadal 2013 da biblioteca pública municipal Juana de Ibarbourou, de Lourenzá, recibiron os seus agasallos e diplomas.

No acto participaron a alcaldesa, Emma Álvarez; a concelleira de Cultura e presidenta do xurado, Lupe Flórez; a técnica de Cultura, bibliotecaria e secretaria do xurado, María José López; a educadora familiar, Dolores Villasuso, que tamén formou parte do xurado, no que ademais estaba a traballadora social, Pepa García, que non puido asistir á entrega de premios.

O CONCELLO OFERTA UN EMPREGO TEMPORAL PARA CUBRIR A BAIXA DUNHA TÉCNICA DE EDUCACIÓN INFANTIL NO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA. A ALCALDESA EXPLICA QUE É PRECISO PARA SEGUIR OFRECENDO OS SERVIZOS DO PAI DE 8 A 20 HORAS

Lourenzá, 30 de xaneiro de 2014. O Concello de Lourenzá oferta un emprego temporal para cubrir a baixa dunha técnica de educación infantil no Punto de Atención á Infancia. Anunciouno hoxe a alcaldesa, Emma Álvarez Chao, quen explica que é preciso para seguir ofrecendo os servizos do PAI de 8 a 20 horas.

DANI PÉREZ REFORZA O EQUIPO DE 1ª AUTONÓMICA DE FÚTBOL

Dani Pérez, nova incorporacion!!!

Daniel Pérez Mato, "Dani", retorna á casa que o veu medrar dende a categoría cadete. Dani Pérez, según as súas declaracións, volve non coma un salvador senón para aportar o seu grado de area nun Atleti en situación complicada. Cubrirá ademáis a baixa de Pitero que ten que deixar temporalmente o equipo por motivos laborais. O equipo agora mesmo está a 4 puntos da salvación.