Novas

O punto limpo municipal cambiou de horario e foron instalados tres contenedores para depositar o aceite doméstico usado

Lourenzá, 19 de febreiro de 2013. O horario do punto limpo do Concello de Lourenzá cambiou de horario dende onte. Segue estando aberto ao público os luns, mércores e venres pola mañá, pero antes era de 9 a 13 horas e agora é de 10 a 14 horas. Tamén hai un novo número de teléfono de referencia, no que se atende polas tardes cando hai chamadas dalgún interesado os mesmos tres días da semana de 15 a 19 horas e agora o número é o 628.16.41.70.

A Consellería de Medio Ambiente asinará un convenio co Concello para pavimentar a Avenida de Soutelo. Foi un dos compromisos acadados pola Alcaldesa na xuntanza que mantivo co Conselleiro Agustín Hernández

Lourenzá, 16 de febreiro de 2013. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, reuniuse en Santiago co conselleiro de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio, Agustín Hernández, para solicitar a colaboración dese departamento da Xunta en varios asuntos de interese para o municipio.

A corporación municipal estreou hoxe nova ubicación para os plenos. Na sesión aprobouse a modificación do regulamento do Punto de Atención á Infancia e a declaración do 2013 como ano de Francisco Fernández del Riego

Lourenzá, 15 de febreiro de 2013. No pleno ordinario da corporación municipal de Lourenzá que se celebrou hoxe os concelleiros estrearon nova ubicación para as sesións, no salón de actos da Casa do Concello, e aprobaron a declaración de 2013 como ano dedicado a Francisco Fernández del Riego, con motivo do centenario do seu nacemento. Tamén acordaron modificar o regulamento do punto de atención á infancia “para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral”, explicou a portavoz do goberno municipal, Lupe Flórez.

O Concello de Lourenzá informa das deduccións da cota do canon da auga

O canon da auga, que ven de substituír o canon de saneamento, foi creado pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia. Non obstante, o inicio da súa aplicación non tivo lugar ata o 1 de xullo de 2012, momento no que entrou en vigor o Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga a sistemas públicos de depuración de augas residuais.

O canon da auga, ten como finalidade; por un lado, financiar as actuacións do ciclo da auga e por outro, primar o uso responsable da auga.