Novas

A delegada territorial da Xunta confirmou un investimento de 30.000 euros para melloras no CEIP Juan Rei na xuntanza que mantivo hoxe coa alcaldesa. Emma Álvarez solicitoulle a Raquel Arias axuda do goberno autonómico para outros asuntos pendentes e novas

Lourenzá, 13 de febreiro de 2013. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, reuniuse esta mañá coa delegada territorial da Xunta para a provincia de Lugo, Raquel Arias “para poñela ao corrente dos asuntos que están pendentes dende o noso Concello coa administración que ela representa, a Xunta de Galicia, así como presentarlle novas necesidades a fin de acadar a colaboración co Concello de Lourenzá.

A Alcaldesa destacou a labor e os logros de J.Mª López Noceda como Rexedor Mpal e Pdte. da Mancomunidade Municipios da Mariña. Os seus restos mortais están sendo velados na Casa de Concello. O Funeral será o Martes ás 17h na Igrexa Parroquial de Lourenzá.

Lourenzá, 11 de febreiro de 2013. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, destacou a labor e algúns dos logros de José María López Noceda durante a súa etapa de rexedor municipal e tamén como primeiro presidente da Mancomunidade de Municipios de A Mariña. Os seus restos mortais están sendo velados na capela ardente que quedou instalada esta mañá na Casa do Concello e o funeral será mañá, martes, ás cinco da tarde na igrexa parroquial de Lourenzá.

Faleceu José María López Noceda, que fora Alcalde de Lourenzá, o primeiro Presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña e Deputado Autonómico. A Capela Ardente quedará instalada na Casa do Concello o Luns, dende as 10 h e será enterrado o Martes.

Lourenzá, 10 de febreiro de 2013. José María López Noceda faleceu ás oito e media da tarde de hoxe, domingo, no Hospital da Costa, de Burela, aos 81 anos de idade. A capela ardente cos restos mortais do que fora alcalde de Lourenzá, primeiro presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña e deputado autonómico do Partido Popular quedará instalada na Casa do Concello dende mañá, luns, ás dez da mañá.

A casa da cultura acollerá unha charla da Secretaria Xeral de Urbanismo, Encarna Rivas, para falar da planificación do territorio. A alcaldesa considera que é un acto moi interesante para todos os veciños

Lourenzá, 9 de febreiro de 2013. O día 19 deste mes de febreiro, martes, ás sete e media da tarde a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarna Rivas, impartirá no salón de actos da casa da cultura de Lourenzá unha charla informativa co título “A planificación do territorio como ferramenta de convivencia”.

Enxeñeiros de Augas de Galicia visitaron a ponte sobre o río Batán no Camiño A e farán un informe para o seu arranxo. Mentres, un dos carrís quedará cortado ao tráfico e no outro seguirá prohibido o paso a vehículos de máis de 8 toneladas

Lourenzá, 8 de febreiro de 2013. Técnicos do ente autonómico Augas de Galicia visitaron esta mañá o municipio de Lourenzá para ver o estado no que se atopa a ponte sobre o río Batán na estrada coñecida como Camiño A, concretamente no lugar de Sendín, pertencente á parroquia de San Xorxe. Mentres elaboran un informe sobre os arranxos que precisa a ponte danada polo temporal do pasado mes de xaneiro un dos carrís do vial quedará cortado ao tráfico e polo outro seguirá prohibido o paso para vehículos de máis de 8 toneladas.