Novas

A CARPA INSTALADA NO CAMPO DO MOSTEIRO DE SAN SALVADOR ACOLLE O PLANETARIO CIENCIA KIDS O VINDEIRO MÉRCORES, DÍA 26

A carpa instalada no Campo do Mosteiro de San Salvador acollerá a actividade denominada Planetario Ciencia Kids o vindeiro mércores, día 26 de decembro. É unha iniciativa promovida pola Deputación Provincial de Lugo.

Esta actividade está destinada a todos os públicos e desenvolverase en tres sesións dunha hora de duración: ás 16:30, as 17:30 e ás 18:30 horas.

 

O XURADO DO II CERTAME DE TEATRO CONCELLO DE LOURENZÁ DEU A COÑECER A RELACIÓN DOS NOMINADOS QUE OPTAN AOS PREMIOS, QUE SERÁN ENTREGADOS NA GALA DO 9 DE DECEMBRO

O xurado da segunda edición do certame de teatro Concello de Lourenzá deu a coñecer a relación dos nominados que optan aos premios, que serán entregados na gala que se celebrará o 9 de decembro, domingo.

Os nominados son os seguintes:

 

* Premio Conde Santo á mellor representación:

Avelaíña Teatro, de Pontevedra

Fauna 113, de Vigo

Mellora das Infraestruturas e do equipamento do Punto de Atención á Infancia de Lourenzá, “Meniños”

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, mediante escrito de data 23/11/2018, comunicou a este concello a concesión dunha axuda por importe de NOVE MIL CINCOCENTOS OITENTA E UN EUROS CON CINCUENTA E CATRO CÉNTIMOS (9.581,54.-) para o investimento na Mellora das Infraestruturas e do equipamento do Punto de Atención á Infancia de Lourenzá, “Meniños”, e que fora solicitada polo concello ó abeiro da Orde de 27/06/18, pola que se establecían as bases reguladoras do procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora de infraestruturas e d