Novas

O LIBRO "UN NÓMADA EN BICICLETA", DE DAVID VAL, PRESENTARASE ESTE VENRES NO SALÓN DE ACTOS MUNICIPAL

O libro titulado "Un nómada en bicicleta. Pedaleando alrededor del mundo", de David Val Pena, presentarase no salón de actos do Concello de Lourenzá este venres, día 3 de maio, ás 20:00 horas no salón de actos do Concello de Lourenzá.

Durante o acto proxectarase diverso material audiovisual que recolle momentos da viaxe de David Val e haberá unha charla coloquio co autor da publicación.

O CONCELLO DE LOURENZÁ CONVOCA DOUS CONCURSOS PARA A FESTA DO MAIO QUE SE CELEBRARÁ O VINDEIRO DÍA 1. OS CERTAMES PREMIARÁN OS EDIFICIOS E OS SOMBREIROS MELLOR ADORNADOS

O Concello de Lourenzá convoca dous concursos co gallo da celebración da Festa do Maio, que terá lugar o vindeiro día 1, mércores. Nun dos certames premiaranse as fiestras, balcóns, portais ou escaparates mellor decorados das rúas polas que pasa o percorrido tradicional do Maio. O outro concurso agasallará aos sombreiros mellor adornados que acompañen ao Maio no desfile, que sairá do mercado gandeiro ás 16:30 horas.

A ORQUESTRA PANORAMA OFRECERÁ EN LOURENZÁ ESTE XOVES A SÚA PRIMEIRA ACTUACIÓN NA PROVINCIA DE LUGO CO SEU NOVO ESPECTÁCULO, NUMBER ONE TOUR

A orquestra Panorama ofrecerá en Lourenzá a súa primeira actuación na provincia de Lugo co seu novo espectáculo para esta tempada, denominado Number One Tour. Será este xoves, día 18, a partir das 00:30 horas no recinto feiral, que estará cuberto con carpa.

A actuación da orquestra Panorama en Lourenzá é o prato forte do festival Vilou Spring Fest, que organiza a asociación Conde Santo e que inclúe tamén sesión vermú a cargo de Decibelios Eventos e de DJ Billy.