Novas

O Concello de Lourenzá acolle a exposición itinerante “O Camiño por Mar”

O concello de Lourenzá acollerá do 4 ao 6 de setembro a exposición O Camiño por Mar que organiza a Asociación do Patrimonio Industrial de Galicia, Buxa. Trátase dunha mostra itinerante sobre a peregrinanción en bote de Dublín a Santiago feita por catro amigos irlandeses no ano 2014. O proxecto forma parte do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia.

CONVOCADA A TERCEIRA EDICIÓN DO CERTAME DE TEATRO AFECCIONADO CONCELLO DE LOURENZÁ

Lourenzá, 9 de agosto de 2019. A Concellería de Cultura de Lourenzá convoca a terceira edición do certame de teatro afeccionado Concello de Lourenzá.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “neste certame poderán participar todos os grupos ou compañías de teatro afeccionado que superen un proceso de selección. O prazo para inscribirse rematará o 30 de setembro. Todas as obras seleccionadas recibirán unha axuda de 300 euros en concepto de participación, desprazamento, etcétera”.

O CONCELLO SÚMASE Ó DÍA INTERNACIONAL DO ORGULLO LGBTI COA COLOCACIÓN DUNHA BANDEIRA MULTICOLOR NO BALCÓN DO CONSISTORIO.

Lourenzá, 28 de xuño de 2019. O Concello de Lourenzá súmase ó Día Internacional do Orgullo LGBTI (Lesbianas, Gays, Bisexuais, Transexuais e Intersexuais) colocando no balcón do consistorio a bandeira multicolor deste colectivo.

Sobre esta iniciativa da Área de Servizos Sociais a concelleira Mercedes Dengra explica que o Concello de Lourenzá “súmase a esta iniciativa para reivindicar os dereitos deste colectivo. Con este xesto queremos mostrar o noso respecto e compromiso cos valores e dereitos como a igualdade e a liberdade de expresión”