Novas

A ISABEL VILALBA FAILLE ILUSIÓN PREGOAR A FESTA DA FABA E SORPRENDEULLE QUE LLO PROPUXERAN. NO PROGRAMA INCLÚESE UNHA EXPOSICIÓN DE XOÁN GUERREIRO, A PROXECCIÓN DUN AUDIOVISUAL DE XESÚS DO BREOGÁN E A PRESENTACIÓN DUN LIBRO DO QUE É COAUTOR IGNACIO CASTRO

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, a laurentina Isabel Vilalba, manifestou que lle fai ilusión pregoar a Festa da Faba aínda que lle sorprendeu que llo propuxeran. No programa do evento, que comeza este venres 30 e remata o domingo 3 de outubro, inclúese tamén unha exposición de pinturas de Xoán Guerreiro, a proxección dun audiovisual sobre A Mariña elaborado por Xesús do Breogán e a presentación dun libro do que é coautor o veciño de Lourenzá Ignacio Castro.