Novas

O CAMPO DOS BOLOS ACOLLERÁ A PRIMEIRA FEIRA DE AUTOMOCIÓN E VEHÍCULOS AGRÍCOLAS ORGANIZADA POR ACIAL DURANTE A FESTA DA FABA. TAMÉN HABERÁ CONCENTRACIÓN DE MOTOS E COCHES CLÁSICOS.

O Campo dos Bolos acollerá a primeira feira de automoción e vehículos agrícolas organizada pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL) durante a Festa da Faba, que se celebrará este vindeiro fin de semana. Tamén haberá concentración de motos e coches clásicos.

A FEIRA DE PRODUTOS ECOLÓXICOS CERTIFICADOS, QUE CONTARÁ CON 20 PARTICIPANTES, É UNHA DAS NOVIDADES DA XXVI FESTA DA FABA, QUE REMATARÁ CUN ENCONTRO FOLCLÓRICO ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN CULTURAL OSORIO GUTIÉRREZ

A feira de produtos ecolóxicos certificados, que contará con 20 empresas participantes, é unha das novidades da XXVI Festa da Faba de Lourenzá. O evento, que empezará o 30 de setembro, rematará o 2 de outubro, domingo, ás 18:30 horas cun encontro folclórico organizado pola asociación cultural Osorio Gutiérrez.

PRESENTADO O CARTEL E O PROGRAMA DE ACTIVIDADES DA XXVI FESTA DA FABA, QUE SE CELEBRARÁ DO 30 DESTE MES AO 2 DE OUTUBRO. HABERÁ NOVIDADES, COMO AS FEIRAS DE PRODUTOS ECOLÓXICOS CERTIFICADOS E DE AUTOMOCIÓN E VEHÍCULOS AGRÍCOLAS

A praza de Vilanova de Lourenzá acolleu a presentación do cartel e o programa de actividades para a XXVI Festa da Faba, que se celebrará desde o día 30 deste mes ata o 2 de outubro. Nesta edición haberá novidades, como as feiras de produtos ecolóxicos certificados e de automoción e vehículos agrícolas.

O TORREÓN DE VILANOVA ACOLLERÁ CLASES DE ESO PARA ADULTOS E TAMÉN PARA PREPARAR O EXAME DE COMPETENCIAS CLAVE N_2 DA CONVOCATORIA DE 2017

O Torreón de Vilanova de Lourenzá acollerá clases de ESO para adultos e tamén para preparar o exame de Competencias Clave N_2 da convocatoria do vindeiro ano 2017.

En canto ás clases de ESO destinadas a adultos no curso 2016-2017 para obter o título oficial da Xunta de Galicia, o horario será de tarde-noite para os que traballan e comezarán o 17 de outubro, luns.

E para a preparación do exame de Competencias Clave N_2 na convocatoria de 2017 as clases empezarán o 18 de outubro, martes.

UNHA UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS ESTARÁ NO MERCADO COMARCAL GANDEIRO DO 20 AO 23 DESTE MES

Unha unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas desprazarase a Lourenzá do 20 a 23 deste mes. Deuno a coñecer a través dun bando a alcaldesa, Rocío López García.

A rexedora explica que a unidade móbil situarase no mercado comarcal gandeiro de Lourenzá desde o vindeiro martes, día 20, ata o venres 23. Os días 20, 21 e 22 estará en horario de 09:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas e o día 23 atenderá só pola mañá.