Novas

A Biblioteca Municipal acolle dende o vindeiro mércores, 18 de novembro, actividades de animación á lectura para nen@s de entre 3 e 7 anos

Lourenzá, 12 de novembro de 2015. O vindeiro mércores, 18 de novembro, comeza na biblioteca municipal de Lourenzá o programa de actividades de animación á lectura que este centro organiza para nenos e nenas de tres a sete anos de idade.

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, sinala que “debido á alta participación, que ascende a 20 cativos, e a que os asistentes son de idades diferentes, vanse realizar grupos, quedando as actividades a realizar para as tardes dos mércores e xoves”.