Novas

A ALCALDESA CRITICA O RETRASO DA XUNTA NO ARRANXO DE DÚAS PONTES QUE ESTÁN DERRUÍDAS DENDE AS RIADAS DE OUTUBRO DE 2014 NAS PARROQUIAS DE SAN ADRIANO E SANTO TOMÉ

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, critica o retraso da Xunta de Galicia na execución das obras de arranxo de dúas pontes do municipio que están derruídas dende as riadas que houbo en outubro do ano 2014. A rexedora e o concelleiro de Desenvolvemento Rural, Miguel Castrillón, visitaron os lugares afectados nas parroquias de Santo Tomé e San Adriano.

A ALCALDESA INFORMA DA APERTURA DO PRAZO PARA ACOLLERSE AO PROGRAMA DE REHABILITACIÓN DE VIVENDAS ATA O VINDEIRO 30 DE XANEIRO DE 2016

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, anuncia mediante un bando que dende onte, día 30 de novembro, está aberto o prazo para acollerse ás axudas do Programa de Rexeneración e Renovación Urbanas do Plan Estatal 2013/2016. A presentación das solicitudes debe realizarse nas Oficinas Municipais de Rehabilitación de Lourenzá de luns a venres en horario de 8 a 15 horas. A solicitude poderá facerse ata o vindeiro 30 de xaneiro.

A ALCALDESA PARTICIPOU A PASADA FIN DE SEMANA NA PRIMEIRA FEIRA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL DE AMES, ONDE RECALCOU O COMPROMISO DO SEU GOBERNO DE POÑER EN VALOR OS RECURSOS LOCAIS E COMARCAIS

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, participou na mesa redonda que se celebrou esta pasada fin de semana na primeira Feira de Desenvolvemento Local que tivo lugar no municipio coruñés de Ames. Entre outras cuestións, a rexedora salientou a importancia de apostar pola creación de emprego no concello baseado nos recursos locais, aspecto que se comprometeu a impulsar dende o goberno municipal.