Novas

A SALA DE EXPOSICIÓNS MUNICIPAL ACOLLE DENDE HOXE ATA O DÍA 18 DESTE MES UNHA MOSTRA SOBRE O CAMIÑO NORTE DE SANTIAGO

A sala de exposicións do Concello de Lourenzá acolle dende hoxe, mércores, ata o 18 deste mes, unha mostra de imaxes do Camiño Norte de Santiago.

A exposición consta de 18 paneis nos que amosan as principais manifestacións artísticas, históricas e naturais desta ruta xacobea na que Lourenzá ocupa un lugar importante. A información que recollen os paneis ofrece ao visitante unha visión de todo o patrimonio artístico e histórico existente nos distintos lugares polos que discorre o Camiño.

A NENA LAURENTINA ANTÍA LILLO IRIMIA FOI PREMIADA NA FASE PROVINCIAL DO CERTAME DE POESÍA DE NADAL

A nena laurentina Antía Lillo Irimia foi premiada na fase provincial do certame de poesía infantil de Nadal 2015, concretamente na categoría C.

O poema de Antía Lillo titúlase Lume aceso no nadal e a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, comentou: “dende o Concello queremos felicitar á premiada pola gran calidade do traballo presentado”.

O poema manuscrito pola súa autora será publicado na páxina web do Concello.

O SALÓN DE ACTOS MUNICIPAL ENCHEUSE DE PÚBLICO ONTE NA CHARLA DO CARDIÓLOGO RAMÓN RÍOS SOBRE O INFARTO DE MIOCARDIO

O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá encheuse de público onte con motivo da charla sobre o infarto de miocardio ofrecida polo cardiólogo Ramón Ríos, que traballa no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), onde é membro do equipo do doutor Carlos Juanatey. Este evento foi organizado polo Concello de Lourenzá, concretamente dende a Concellería de Servizos Sociais que dirixe Mercedes Dengra, en colaboración coa Federación Veciñal Lucus Augusti.